Labraña, Carlos (1969-)

O valo / Carlos Labraña - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2023 - 57 p. : il. cor ; 19 cm - Colección Merlín ; 330 .

IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

As guerras obrigan a moitas prsoas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, unmeniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou o deserto fuxindo da contenda de Siria. El salvouse, pero outros nenos e nenas non tiveron tanta sorte. "O valo" foi escrito en homenaxe a todas elas, para que as súas historias non caian no esquecemento e constitúan o xerme da loita contra os valos, aramados, muros e fonteiras que dividen o mundo.

No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de fondo, «O valo» propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.

5º-6º Primaria 3º-4º Primaria

9788411102353


Refuxiados--Infancia
Guerras--Infancia
Igualdade
Paz

82-T

Powered by Koha