Maceiras, Andrea

Alma de elefante / Andrea Maceiras ; ilustracións de Jordi Solano - 1ª edición: xaneiro, 2023 - Vigo : Xerais , 2023 - 165 páginas : ilustraciones (color) ; 20 cm - ( Sopa de libros ; 87 .

Suy e Lawen son dous irmáns xemelgos que viven na aldea de Sat Naapa, un remoto lugar do sureste asiático. As súas tranquilas vidas cambian o día no que a velliña Champey le as súas almas e lle di a Suy que el ten alma de bolboreta, mentres que a súa irmá Lawen posúe o espírito do elefante. A Suy parécelle imposible porque el é máis forte e sempre coidou da súa xemelga. Lawen é distinta das outras nenas: cústalle expresar os seus sentimentos e ponse nerviosa coas situacións descoñecidas. Así que Suy conta unha pequena mentira. Di que el é o elefante.
O que non pode sospeitar Suy é que axiña se van cruzar con Tep, un elefante real que necesita desesperadamente a súa axuda e por quen emprenderán unha incrible aventura.
E é que ás veces as cousas non son o que parecen.
Ás veces os tesouros teñen catro patas.
E só as bolboretas voan o suficientemente alto para atopalos.

5º-6º Primaria

9788411102377


Amor fraternal
Amor polos animais
Animais salvaxes
Autismo
Diversidade
Ecoloxía
Sostibilidade
Xemelgos
Medio ambiente

087.5:82 82-NG

Powered by Koha