Millán, Blanca (1991-)

O gran libro das nosas cousas / Blanca Millán - 2ª edición - Pontevedra : Cumio Editorial , 2023 - 45 p. : il. cor ; 33 cm.

Este libro é unha viaxe ilustrada polas cousas do día a día, desde os pequenos insectos do xardín ata os xigantescos cachalotes do noso fondo mariño. Está cheo de cousas marabillosas, algunhas naturais, outras fabricadas polo ser humano, pero todas elas únicas e moi valiosas.

Índice: As nosas flores; Os nosos bichos; As nosas praias; O noso mar; A nosa lonxa; A nosa casa; A nosa roupa; O noso monte dende abaixo; O noso monte dende arriba; A nosa gandaría; A nosa horta; A nosa colleita; As nosas vilas; A nosa escola; Os nosos xogos; Os nosos deportes; A nosa música; A nosa cociña.

'O gran libro das nosas cousas' é un libro sobre todo o que nos rodea. Nel atoparás máis de 600 palabras divididas en 18 temas e acompañadas da súa ilustración correspondente, que che axudarán a coñecer e mellorar o teu vocabulario de maneira amena e divertida. Ademais inclúe a súa tradución ao inglés, para que poidas sacarlle aínda máis partido.

3º-4º Primaria

9788482895352


Álbumes ilustrados--Imaxes e palabras
Aprendizaxe de linguas para nenos--Bilingüe galego-inglés
Biblioteca inclusiva--Aprendizaxe polas imaxes--NEAE

03

Powered by Koha