Maceiras, Andrea

Burbullas de calma serena / Andrea Maceiras - 1ª ed. - Arzúa : Cuarto de Inverno , 2023 - 240 p. : il. cor ; 20 cm

Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.

Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!

Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.

Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.

O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.

5º-6º Primaria

9788412458626


Amizade
Ansiedade
Empatía
Familia
Emocións

82-N

Coa tecnoloxía Koha