Rodari, Gianni

Contos por teléfono / Gianni Rodari ; ilustracións de Pablo Otero ; tradución, Carlos Acevedo - 2ª - Pontevedra :Kalandraka ,2019 - 155 p :il. cor ;19cm

Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari -do que se vai cumprir o seu centenario- xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.

Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.


Era unha vez... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».

3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788484647591


Contos
Relatos breves

82-N 82-3:087.5

Powered by Koha