Fernández Paz, Agustín

O raio veloz / Agustín Fernández Paz - 1ª ed - Barcelona :Planeta & Oxford ,2006 - 104 p :il. b/ n ;19cm

O Raio Veloz é un libro cargado dun humor mesturado con boas doses de misterio. Nel realízase unha ácida crítica a algunhas das actitudes presentes na vida social.



O protagonista desta novela é Adrián, un mozo de 26 anos que, lonxe de querer converterse nun profesional de éxito, prefire dedicar a súa vida a facer felices aos demais. Tras pasar por múltiples traballos acaba atopando o seu lugar na empresa de mensaxería O Raio Veloz, onde aproveitará os encargos que lle fan para axudar ás persoas que teñen algunha dificultade. Mais Adrián tamén se sente só. A cura á súa soidade chega cando atopa unha muller a quen amar, logo de resolver un curioso xogo de adiviñas e enigmas que a misteriosa muller lle envía.

5º-6º Primaria

8498110718


Amor
Bondade
Humor
Crecemento
Xenerosidade

82-3

Coa tecnoloxía Koha